O Ciclo Mestre Mateo continúa este sábado en Celanova coa proxección de cinco curtas

O Ciclo Mestre Mateo continuará este sábado, 11 de outubro, en Celanova coa proxección de cinco curtas na Casa dos Poetas.
A sesión dará comezo ás 12:00 horas e incluirá a proxección das curtas ‘Avetimología’, ‘Noites de Prata’, ‘Sinapse’, ‘Eu vou comigo’ e ‘Platónico Platónica’.
O Ciclo Mestre Mateo, creado pola Academia Galega do Audiovisual en 2022, está consolidado como un proxecto clave para levar o cinema galego de calidade a vilas sen salas comerciais, creando unha rede de exhibición en centros culturais, auditorios e bibliotecas ao longo do territorio galego.