O ciclo “Mirar el Arte” da Fundación Cum Laude continúa este venres

OurenseXa
Francisco Rodríguez Pastoriza falará no Centro Cultural Xosé Ángel Valente da relación entre “o artista e a modelo”
mirar-el-arte
14 Mar 2025

A Fundación Cum Laude continúa este venres, 14 de marzo o ciclo de conferencias ‘Mirar a Arte’ de 2025, cunha charla de Francisco Rodríguez Pastoriza titulada “El artista y la modelo”. Será no Centro Cultural Xosé Ángel Valente a partir das 19.30 horas.

Próximas conferencias

O 4 de abril, será a quenda dunha conferencia a cargo de SOS Gulías protagonizará, mentres que o 25 de abril, Xosé Poldras dedicará a súa intervención a Edward Muybridge, un fotógrafo estadounidense vinculado á "arqueoloxía" do cine, cuxa figura será destacada nesta ocasión.

O 30 de maio, Olga Pastor presentará "Artistas actuais de e na provincia de Ourense - Parte 2", na que, tras unha primeira parte interesantísima e sorprendente, se continuará explorando talentos locais.

O ciclo culminará o 13 de xuño con Tareixa Taboada, quen abordará o tema "Rebeldía e compromiso. A arte de ser pintura", dedicando unha homenaxe a Alexandro, un dos grandes artistas recentemente falecidos.

Todas as conferencias terán lugar no Centro Cultural Ángel Valente e prometen ser unha oportunidade única para profundar na arte desde diversas perspectivas.

⚙ Configurar cookies
0.45202302932739