O CIM da Mancomunidade Santa Águeda convoca un concurso de debuxo infantil con motivo do 8M

OurenseXa
Poderá participar o alumando dos colexios dos concellos de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín, así como das escolas infantís
8m-xenerica
22 Feb 2026

O Centro de Información á Muller da Mancomunidade Santa Águeda convoca un concurso de debuxo infantil con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A iniciativa está destinada ao alumnado de infantil e primaria dos colexios dos concellos de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín, e tamén se contempla a participación das escolas infantís, permitindo que o seu alumnado colabore na realización dos traballos.

O tema do concurso é “Enchemos de cor a Mancomunidade”, co obxectivo de que os nenos e nenas reflexionen e enxalcen a figura da muller desde a igualdade na sociedade actual.

Establécense tres categorías: etapa infantil; e etapa primaria dividida en dúas subcategorías, de 1º a 3º de primaria e de 4º a 6º de primaria. Cada participante poderá presentar un único debuxo, que deberá ser orixinal, relacionado co tema e non ter sido premiado en outros concursos.

A técnica é libre, podendo empregarse lápices, rotuladores, acuarelas, ceras, témperas ou calquera outro material artístico. A valoración dos traballos terá en conta a creatividade, expresividade e orixinalidade de cada proposta.

0.085444211959839