O CIM de Maceda organiza unha mesa redonda centrada no papel das mulleres no deporte

OurenseXa
Será este sábado no Centro Sociocomunitario de Maceda baixo o título “Mulleres no Deporte. Unha Historia de Loita e Superación”
ciclo-mulleres-no-deporte-cim-maceda
25 Feb 2026

O Centro de Información á Muller de Maceda organiza este sábado, 28 de febreiro, unha mesa redonda baixo o título “Mulleres no Deporte. Unha Historia de Loita e Superación”, co obxectivo de analizar a situación das mulleres no ámbito deportivo a partir da experiencia de destacadas profesionais.

A cita terá lugar ás 12:30 horas no Centro Sociocomunitario de Maceda e está aberta á participación do público. Desde a organización animan a asistir a este encontro, concebido como un espazo de reflexión e diálogo sobre os avances, dificultades e retos pendentes para as mulleres no deporte.

Na mesa redonda intervirán Marían Fernández Villarino, profesora de Actividade Física e Deporte na Universidade de Vigo; Ane Santesteban, ex ciclista; e Elena Pérez, xogadora de As Celtas. A través das súas traxectorias persoais e profesionais, abordarase diferentes perspectivas sobre a igualdade e a visibilidade feminina no ámbito deportivo.

A actividade está promovida polo CIM Maceda coa colaboración do Concello de Maceda.

0.126708984375