O CIM de Maceda organiza unha nova xuntanza das ‘Charlas con café’

O Centro de Información á Muller de Maceda organiza este mércores día 4 de marzo ás 18:00 horas unha nova xuntanza das ‘Charlas con café’.
A cita terá lugar no Centro Sociocomunitario e as inscricións poden facerse por teléfono a través do número 988 463 554.