O CIM da Mancomunidade de Santa Águeda homenaxeou a veciñas de Coles, Vilamarín, A Peroxa e Amoeiro no Día da Muller Rural

O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Santa Águeda conmemorou o Día da Muller Rural homenaxeando a catro veciñas destacadas dos municipios de Coles, Vilamarín, A Peroxa e Amoeiro.
María del Carmen (Coles), María (Vilamarín) e Elisa (A Peroxa) foron recoñecidas como exemplos do papel fundamental da muller no desenvolvemento e na conservación do contorno rural. Así mesmo, Dona Estrella, veciña de Amoeiro, recibiu un merecido recoñecemento aos seus 97 anos pola súa traxectoria e dedicación. Dona Estrella traballou impartindo clases de costura e rexentou unha tenda de ultramarinos, coa que sacou adiante aos seus tres fillos.
O CIM destacou a labor destas catro mulleres, cualificándoas de “infatigables” e recoñecendo a súa contribución ao benestar e á cohesión da comunidade rural.