O CIM Móbil fixo parada en Baños de Molgas

O CIM Móbil da Xunta pasou fai uns días por Baños de Molgas co obxectivo de reforzar a sensibilización en materia de xénero e igualdade entre a poboación do municipio.
Estes servizos itinerantes están compostos por persoal profesional e especializado e en todos eles hai unha psicóloga e unha traballadora social. O obxectivo é achegar toda a información posible á poboación para que calquera persoa sexa un axente activo na prevención e detección da violencia de xénero.
Grazas a medidas como esta, destacaron desde o Concello, “a nosa comunidade pode acceder a información, orientación e apoio sobre igualdade e prevención da violencia de xénero sen necesidade de desprazamentos. É un exemplo de compromiso coa igualdade e a atención próxima ás persoas”.