O Cineclube Carballiño proxectará hoxe "Anatomía de una caída"

OurenseXa
Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en vos.
cineclube_carballiño
Cineclube Carballiño
16 Feb 2024

O Cineclube Carballiño proxectará hoxe "Anatomía de una caída". Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en vos.

Sinopse

Dirixida pola directora francesa Justine Triet (nominada ao Oscar á mellor dirección) e protagonizada por Sandra Hüller (nominada ao Oscar á mellor actriz principal), cóntanos a historia de Sandra, unha escritora alemá, que vive co seu marido Samuele o seu fillo cego, Daniel, nun chalé en medio dos Alpes franceses.

Cando Samuel falece en estrañas circunstancias, a investigación non pode determinar si se trata dun suicidio ou dun homicidio. Sandrá é arrestada e xulgada por asasinato, e o proceso pon a súa tumultuosa relación e a súa ambigua personalidade no punto de mira.

Nominada a tres Oscar máis, entre eles o de Mellor película, gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes, o Goya á mellor película internacional, dous Globos de Ouro, cinco premios do Cine Europeo (mellor película, dirección, actriz principal, guión e montaxe). Un amplo recoñecemento que coincide coa crítica de público que encheu as salas onde se proxectou. Sen dúbida, un dos grandes acontecementos cinematográficos desta tempada.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17873692512512