O Cineclube Padre Feijoo proxecta hoxe "Perfect Days"

OurenseXa
As sesións terán lugar ás 18.00 e ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Ourense
perfect_days_cineclube_ourense
Cartel do filme
6 Mar 2024
O Cineclube Padre Feijoo proxectará esta tarde o filme "Perfect Days", de Wim Wenders. As sesións terán lugar ás 18.00 e ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Ourense.

Sinopse

Hirayama parece totalmente satisfeito coa súa sinxela vida de limpador de retretes en Tokio. Fóra da súa estruturada rutina diaria, goza da súa paixón pola música e os libros. Encántanlle as árbores e failles fotos. Unha serie de encontros inesperados revelan aos poucos máis do seu pasado.

Premios

  • Festival de Cannes 2023: Premio ao mellor actor (Kôji Yakusho)
  • Premios Óscar 2023: Nomeada a Mellor película internacional.
  • Premios César (Francia) 2023: Nomeada a Mellor filme estranxeiro.
  • Critics Choice Awards 2023: Nomeada a Mellor película de fala non inglesa.
  • Asociación de Críticos de Boston (BSFC) 2023: Nomeada a Mellor actor.
0.073978900909424