O colectivo teatral La Griot'te estreará en Celanova a obra o 'Rexurdimento do Divino Sainete'

OurenseXa
A estrea desta peza, baseada na obra Manuel Curros Enríquez, terá lugar no Auditorio Municipal de Celanova o vindeiro domingo, 15 de setembro
A compañía teatrat La Griot'te presenta 'O rexurdimento do Divino Sainete'
A compañía teatrat La Griot'te presenta 'O rexurdimento do Divino Sainete'
11 sep 2024

O Centro Cultural Marcos Valcárcel vén de acoller a presentación da peza 'Rexurdimento do Divino Sainete', que será estreada o próximo domingo, día 15 de setembro, ás 20.00 horas no Auditorio Municipal de Celanova, coincidindo co 173 aniversario do nacemento do autor da obra literaria da que bebe esta representación, o poeta de Celanova, Manuel Curros Enríquez.

Hai aproximadamente un ano, o colectivo teatral La Griot'te comezou a traballar na realización dunha adaptación desta obra á escena. Despois dun intenso traballo de interpretación do texto e do contexto elaborado en 1888 por Curros Enríquez, o grupo logrou montar unha composición singular e alternativa, apoiándose en marionetas, onde se conta a viaxe ficticia que o poeta realizou a Roma nun tren no que se abordan con crueza como estaban instalados os 7 pecados capitais na sociedade da época, dedicando cada vagón do tren a un dos pecados e co fin de pedirlle contas ó Papa.

0.18343091011047