O Combo Dominicano dará comezo este xoves ás Festas do Couto

O Concello de Ourense organiza as Festas do Couto 2025, que se desenvolverán desde este xoves, 15 de maio, ata o domingo, 19 de maio, con media ducia de actuacións musicais, unha exhibición de drons e a presenza das tradicionais barracas festivas, entre outras propostas para todo tipo de públicos.
Esta noite, o Combo Dominicano será o encargado de arrancar as celebración. Cuarta Calle actuará o venres e a orquestra Cinema poñerá a música na tarde do domingo. O sábado, 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, terá lugar a actuación de Luar na Lubre, que dará un concerto entre as 20.00 e as 21.30 horas. Ademais, tamén o sábado, haberá un gran espectáculo de drons e a orquestra Horizon amenizará a noite. O luns, 19 de maio, será o Día do Neno, coas atraccións das barracas festivas á metade de prezo.