O cómico Galder Varas aterriza este mércores no Auditorio Municipal de Ourense
O cómico e guionista Galder Varas chega este mércores, 1 de maio, ao Auditorio Municipal de Ourense co seu monólogo 'Esto no es un show'. Tras esgotar as entradas para o pase das 20.00 horas, anunciou un segundo pase que terá lugar ás 18.00 horas e para o que todavía quedan algunhas entradas.
O cómico é un dos principais referentes da imporvisación e a comedia a nivel nacional, e foi galardoado co Premio do Público no 'Festival Sundance TV Shorts 2017' como guionista e director do cortometraxe 'Billy Boy'. Ademais, traballou escribindo guións para programas como 'La Resistencia' ou 'Comedy Central'. Dende 2017 xestiona o seu propio sello de comedia, 'La Bromerie'.
Sinopsis
Se isto non é un show, estarase a preguntar, de que se trata? Pois probablemente do mesmo que outros moitos monólogos.
Pode vostede esperar un escenario, un micrófono e un cómico. Ademais, tamén pode esperar moita improvisación, chistes e bloques diferentes aos que vise de Galder Varas en redes (de feito, se non viu nada aínda, recoméndolle botar unha ollada antes de comprar unha entrada, seguro que lle serve de máis axuda que esta descrición).
E pode esperar, por último, a honesta intención de facerlle rir a gargalladas. Pero o que non pode esperar é un show. Iso xa llo advertimos.