O Concello activa un servizo especial de autobús entre a Praza da Mariña e o Parque de San Lázaro

OurenseXa
O servizo será de carácter matinal e fará un percorrido continuo de ida e volta entre as 7:00 e as 15:00 horas
Autobuses-urbanos-ourense
8 Oct 2025

O Concello de Ourense puxo en marcha este mércores un servizo especial de autobús para reforzar o transporte urbano en horario de mañá. O novo vehículo cubrirá en bucle o traxecto entre a Praza da Mariña e o Parque de San Lázaro, cun percorrido continuo de ida e volta entre as 7.00 e as 15.00 horas.

Segundo explica o consistorio, a medida busca dar resposta ao incremento de viaxeiros rexistrado neste tramo tras a recente reestruturación das liñas de autobús urbano, que acumula numerosos cambios desde a súa posta en marcha o pasado 16 de setembro.

O traxecto de ida, desde a Praza da Mariña ata o Parque de San Lázaro, incluirá paradas na rúa Vicente Risco, Ponte Nova, Ponte Nova (zona As Lagoas), Curros Enríquez e Xoán XXIII (detrás da Subdelegación do Goberno). En sentido contrario, o percorrido de regreso contará con paradas en Curros Enríquez, Ponte Nova (A Ponte) e Parque da Ponte.

Con este reforzo, o Concello pretende mellorar a frecuencia e a comodidade dos desprazamentos durante as horas de maior afluencia, especialmente no acceso ao centro da cidade.

⚙ Configurar cookies
0.07253623008728