O Concello da Bola acollerá un Campamento Dixital de Nadal para nenos

OurenseXa
Será os días 22 e 23 de decembro e o prazo de inscrición xa está aberto
campamento-dixital-nadal-a-bola
15 Nov 2025

Os días 22 e 23 de decembro, de 10:00 a 14:00 horas, celebrarase na Aula CeMIT de A Bola o Campamento Dixital 2025, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 9 e 13 anos.

Este espazo combinará aprendizaxe e diversión, coa finalidade de que os máis pequenos descubran como usar as novas tecnoloxías de forma responsable e segura, sempre a través do xogo e da creatividade. As persoas interesadas poden inscribirse ata o 5 de decembro.

⚙ Configurar cookies
0.071799993515015