O Concello da Bola organiza este venres un taller para exercitar a memoria

O vindeiro venres, 11 de xullo, a aula CeMIT de A Bola acollerá o taller "Exercita a túa memoria!", unha proposta organizada polo Concello da Bola para fomentar hábitos saudables de coidado da memoria. Durante unha hora, as persoas participantes realizarán distintas actividades orientadas a exercitar a mente e a poñer en valor a importancia de traballar a memoria no día a día.
O obradoiro desenvolverase de 10:30 a 11:30 horas. As persoas interesadas poden obter máis información ou formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 988 451 293.