O Concello da Bola organiza un ano máis actividades de conciliación durante o verán

O Concello da Bola mantén aberto o prazo de inscrición para participar en Concilia Verán de A Bola, unha actividade incluída no programa Corresponsables que busca facilitar a conciliación familiar. A iniciativa está destinada a menores de entre 3 e 16 anos e desenvolverase dende o 1 de xullo ata o 5 de setembro.
O programa ofrecerá dúas quendas horarias: de 10:00 a 14:00 horas e/ou de 16:00 a 20:00 horas, podendo elixirse unha ou ambas opcións segundo as necesidades das familias. As actividades están deseñadas para ofrecer un espazo de ocio e aprendizaxe durante as vacacións escolares.
As persoas interesadas en inscribirse teñen de prazo ata o 25 de xuño. Para máis información ou para formalizar a inscrición, poden contactar cos teléfonos 988 451 293 ou 604 037 952.