O Concello de A Bola convoca a segunda edición do Concurso de Decoración de Nadal

OurenseXa
A iniciativa está destinada ás aldeas, que poden presentarse ata o 9 de decembro
nadal-a-bola
11 Nov 2025

O Concello de A Bola convoca a segunda edición do Concurso de Decoración de Nadal, unha iniciativa destinada ás aldeas que busca fortalecer os lazos entre veciños e fomentar o traballo colaborativo.

Os premios desta edición suman 600 euros, repartidos en 300 para o primeiro, 200 para o segundo e 100 para o terceiro, e o prazo de inscrición está aberto ata o 9 de decembro.

⚙ Configurar cookies
0.073875904083252