O Concello da Bola organiza un Campamento de Nadal do 22 de decembro ao 7 de xaneiro

O Concello de A Bola organiza unha nova edición do seu Campamento de Nadal, que este ano se desenvolverá do 22 de decembro ao 7 de xaneiro. A proposta inclúe xogos, obradoiros e actividades para nenos e nenas, con tres opcións para participar: o campamento presencial completo, unha modalidade dixital para nenos de 9 a 13 anos os días 22 e 23 de decembro, ou só o campamento dixital sen asistencia presencial.
O horario das actividades será de 10:30 a 13:00 horas. As inscricións para o campamento presencial estarán abertas ata o 18 de decembro, mentres que para a opción dixital o prazo remata o 5 de decembro. As prazas son limitadas.
Para inscribirse, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 988 451 293 ou 604 037 952, ou enviar un correo electrónico a educacionfamiliar@concellobola.gal
.