O Concello de A Bola pon en marcha clases de apoio de inglés para as crianzas do municipio

A partir de xaneiro, o Concello de A Bola ofrece clases de apoio de inglés destinadas ás crianzas do municipio, coa finalidade de reforzar e mellorar a aprendizaxe deste idioma fundamental.
As clases desenvolveranse en grupos de tarde e incluirán actividades centradas no vocabulario, gramática, lectura e pronunciación, adaptadas ás necesidades dos participantes para garantir un progreso efectivo.
As prazas son limitadas, polo que é necesaria a inscrición previa a través dos teléfonos de contacto habilitados: 988 451 293 e 604 037 952.