O Concello da Merca mellora a iluminación dos Canastros

OurenseXa
A actuación dá continuidade aos traballos de restauración e conservación realizados nos últimos anos na zona
horreos-a-merca
15 Nov 2025

O Concello de A Merca continúa a apostar por poñer en valor un dos seus espazos máis emblemáticos: os Canastros. Grazas a unha subvención da Consellería de Turismo e Cultura da Xunta de Galicia, instalouse un novo sistema de alumeado que mellora a iluminación e realza a beleza deste singular conxunto patrimonial.

Situados no chamado Camiño da Feira, estes canastros forman o segundo conxunto máis grande de toda Galicia e un dos máis importantes a nivel europeo. En total, son 34 edificacións de pedra e madeira distribuidos en varias filas que foron trasladados a ese lugar nos anos 70 logo dun acordo entre o Concello e a veciñanza, xa que tradicionalmente atopábanse ao carón das casas dos seus propietarios.

Esta actuación dá continuidade aos traballos de restauración e conservación levados a cabo nos últimos anos na zona, reafirmando o compromiso do Concello coa protección e promoción do seu patrimonio histórico, cultural e turístico.

⚙ Configurar cookies
0.073527097702026