O Concello de Allariz abre o prazo para solicitar o transporte escolar municipal

OurenseXa
As familias poderán inscribirse ata o 6 de setembro para o curso 2025/2026
bus-transporte-escolar
29 Aug 2025

O alumnado de Allariz contará un ano máis cun servizo de transporte escolar municipal pensado para facilitar os desprazamentos diarios aos centros de ensino. O Concello anunciou que xa está aberto o prazo de inscrición para o curso 2025/2026, que se prolongará entre o 26 de agosto e o 6 de setembro.

As familias interesadas poden obter toda a información e formalizar a súa solicitude na Piscina Municipal de Allariz, no teléfono 988 442 083 ou a través do correo electrónico piscina@allariz.gal.

Dende o consistorio destacan que este programa garante un medio de transporte cómodo e seguro, ademais de contribuír a conciliar a vida familiar e escolar. O servizo, consolidado ao longo dos últimos anos, converteuse nun apoio fundamental para numerosas familias da vila.

⚙ Configurar cookies
0.17218613624573