O Concello de Allariz garante que a praza de matrona no Centro de Saúde cubrirase a partir de decembro

OurenseXa
Dende o Concello consideran prioritaria a continuidade deste servizo aseguran que seguirán de preto o proceso ao fin de evitar interrupcións na atención
Matronas
Imaxe dun centro de saúde
10 Nov 2025

O Concello de Allariz asegura que, logo das xestións realizadas e do contacto mantido co SERGAS e tras as consultas recibidas por parte das usuarias tras a xubilación da matrona do Centro de Saúde, a praza praza será cuberta a partir do mes de decembro.

Desde o Concello de Allariz consideran prioritaria “a continuidade deste servizo esencial, polo seu impacto directo na atención á saúde das mulleres e das familias do municipio”, polo que afirma que seguirá de preto o proceso, ao fin de “garantir que o compromiso adquirido polo SERGAS se cumpra nos mesmos termos e condicións, evitando interrupcións na atención”.

Dende o Concello reiteran o seu compromiso “coa defensa e a mellora dos servizos públicos no ámbito sanitario, traballando en coordinación coas administracións competentes para asegurar unha atención de calidade e proximidade á veciñanza de Allariz”.

⚙ Configurar cookies
0.076900005340576