O Concello de Allariz implanta un novo sistema de acceso co móbil na piscina municipal

OurenseXa
A iniciativa pretende facilitar o acceso aos usuarios e optimizar a xestión das instalacións
novo-acceso-piscina-allariz
9 Dec 2025

A piscina municipal de Allariz actualizou recentemente o seu sistema de entrada implantando unha aplicación móbil dispoñible para Android e iOS, unha nova ferramenta coa que o Concello pretende facilitar o acceso aos usuarios e optimizar a xestión das instalacións.

Para utilizar o sistema, os usuarios deben descargar a app Provis Keypass, localizar o centro deportivo de Allariz e rexistrarse co seu correo electrónico, onde recibirán un código de acceso persoal. Desde o Concello lembran que é importante que o correo estea actualizado na ficha do cliente e, enn caso contrario, será necesario comunicarlle previamente para completar o proceso.

Esta iniciativa forma parte das medidas levadas a cabo dende o Concello para ofrecer un servizo máis moderno, cómodo e adaptado ás necesidades actuais. Ademais, na publicidade do servizo inclúense códigos QR que permiten a descarga directa da aplicación segundo o sistema operativo do usuario.

⚙ Configurar cookies
0.078835010528564