O Concello de Allariz organiza unha nova andaina para maiores dentro do programa ‘Pisando Camiños’

O Concello de Allariz organiza este venres, 11 de xullo, unha nova actividade para maiores dentro do programa de lecer ‘Pisando Camiños’ para este verán. Trátase dunha andaina circular pola contorna da vila, cun percorrido que partirá de Allariz para pasar pola Acea e O Rexo, rematando de novo en Allariz.
A saída será ás 9:00 horas dende o Fogar dos Maiores (A Barreira nº 3). As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información no propio Fogar dos Maiores, no teléfono 988 554 059 ou a través do correo electrónico fogardosmaiores@allariz.gal.