O Concello de Allariz organiza unha viaxe á praia para maiores o 17 de xullo

O Concello de Allariz organiza un día de praia para as e os maiores do municipio, que terá lugar o xoves 17 de xullo de 2025 en Moaña, Pontevedra.
A actividade inclúe transporte en autobús e está pensada para ofrecer unha xornada de lecer e convivencia á beira do mar. As persoas interesadas poden inscribirse no Fogar dos Maiores, situado na rúa A Barreira nº 3, chamando ao teléfono 988 554 059 ou enviando un correo electrónico a fogardosmaiores@allariz.gal.
O prazo para anotarse remata o venres 11 de xullo ás 14:30 horas.
Desde o Concello animan a aproveitar esta oportunidade para pasar un día diferente e divertido.