O Concello de Allariz pecha as xornadas do 8M cun “Café pola Igualdade”

O Concello de Allariz despide as xornadas do 8M 2026 coa celebración dunha actividade aberta á cidadanía, destinada a fomentar o diálogo e a reflexión arredor da igualdade de xénero.
O evento, baixo o título “Cafés en Igualdade”, terá lugar este venres 27 de marzo ás 17:30 horas no local Fío de Liño. A iniciativa ofrece un espazo de encontro no que a cidadanía poderá compartir conversación e experiencia, pechando o programa de actividades organizadas polo Concello con motivo do Día Internacional da Muller.