O Concello de Amoeiro inicia a substitución dos contadores de auga en todo o municipio

O Concello de Amoeiro comezou esta semana o proceso de cambio dos contadores de auga por contadores dixitais no municipio. Este proceso continuará desenvolvéndose nas próximas semanas, e unha empresa debidamente identificada pasará polos domicilios nos casos en que os contadores non sexan visibles ou de fácil acceso.
Desde o Concello lembran que o cambio é gratuíto e obrigatorio para todos os veciños. Ademais, os contadores analóxicos serán devoltos aos seus propietarios.
O Concello avisa tamén que, no caso de localizar conexións de auga non declaradas, procederase a levantar acta e tramitar a súa regularización, o que podería incluír a imposición dunha sanción económica.