O Concello de Amoeiro organiza unha festa na piscina
OurenseXa
Será este xoves, 21 de agosto, con inchables e xogos de auga

17 Aug 2025
O Concello de Amoeiro organiza o vindeiro xoves, 21 de agosto, unha “Pool Party” nas instalacións das piscinas municipais.
A actividade contará con inchables e xogos de auga, nunha tarde de diversión ao aire libre da que poderán gozar nenos e maiores.
A festa comezará ás 17:00 horas e estenderase ata as 21.00 horas da noite.