O Concello de Baños de Molgas finaliza a mellora de camiños grazas ao Plan Camiña 2025-2026

OurenseXa
Os traballos contaron cun investimento de 66.352 euros
plan-camiña-baños-de-molgas
7 Apr 2026

O Concello de Baños de Molgas conclúe os traballos de mellora en varios camiños do municipio tras finalizar a segunda anualidade das actuacións incluídas nun proxecto subvencionado pola Consellería do Medio Rural, no marco do Plan Camiña 2025-2026.

A intervención supuxo un investimento total de 66.352,77 euros e forma parte das actuacións orientadas á mellora das infraestruturas do municipio.

Desde o goberno local destacan que este tipo de proxectos permiten seguir avanzando no acondicionamento dos espazos e na mellora do día a día dos veciños e veciñas, dentro da estratexia municipal de mantemento e mellora continua do entorno.

0.12797498703003