O Concello de Barbadás abre a inscrición para o Campamento Multideporte 2025

OurenseXa
Poderán matricularse nenos e nenas de entre 8 e 14 anos ata o próximo 20 de xuño
escolas-deportivas-barbadas-baloncesto
16 Jun 2025

O Concello de Barbadás abre este luns o prazo de inscrición para o Campamento Multideporte 2025, dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos.

Ofértanse un total de catro quendas semanais, que se desenvolverán de luns a venres nas seguintes datas: do 4 ao 8 de agosto, do 11 ao 15 de agosto, do 18 ao 22 de agosto e do 25 ao 29 de agosto. Poderán participar nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, e terán prioridade aqueles que estean empadroados en Barbadás.

Cada participante poderá inscribirse en ata tres quendas, que poderá solicitar por orde de preferencia. Con todo, antes de conceder unha segunda ou terceira praza, daráselle prioridade a quen non foron admitidos en ningunha quenda. O prazo para presentar solicitudes estará aberto desde este luns, 16 de xuño, ata o 20 de xuño.

⚙ Configurar cookies
0.16364598274231