O Concello de Barbadas celebra este xoves o Día das Bibliotecas con un contacontos para nenos

O Concello de Barbadas convida á veciñanza a celebrar o Día das Bibliotecas a vindeira semana cun contacontos a cargo de Inma Soto. A actividade terá lugar o xoves 23 de outubro ás 18:00 horas e está destinada a nenos e nenas de 5 a 9 anos.
Os interesados poden inscribirse enviando un correo a biblioteca@barbadas.es, indicando nome, idade e teléfono de contacto.
Inma Soto, educadora ambiental e narradora, presentará a súa obra “Xela, aventuras na fraga”, na que combina fantasía e valores de compromiso co territorio. A protagonista, Xela, busca achegar á infancia a lingua galega e o respecto pola natureza, converténdose nun símbolo de orgullo rural e nunha ferramenta educativa para coidar e valorar o entorno.