O Concello de Barbadás comeza as obras de rexeneración en viais da Finca Fierro
O Concello de Barbadás comeza as obras de rexeneración que porán fin ás deficiencias existentes no firme da rúa Estrada de Piñor, emprazada en Finca Fierro e que presenta un estado de grave deterioro debido á carga de tráfico rodado que rexistra, segundo informan dende o Concello.
Coa execución das obras, evitarase que novos danos poidan deteriorar por completo a calzada. A actuación conta cun orzamento de 22.000 euros e un prazo de execución dun mes.
Tal e como se detalla no proxecto, as obras consistirán no reforzo do firme na vía, que presenta deformacións e fisuras que dificultan o tráfico de vehículos. Os traballos consisten na mellora e manemento da vía, levándose a cabo a rexeneración do pavimento coa limpeza total da calzada.
Coa elaboración deste proxecto, o Concello de Barbadás segue no seu empeño de dotar a todos os núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestruturas ao fin de lograr unha mellora na calidade de vida dos seus veciños e veciñas e das condicións medioambientais do seu entorno.