O Concello de Barbadás mellora a accesibilidade e seguridade vial na avenida de Celanova

Barbadás vén de reforzar a accesibilidade e seguridade vial na avenida de Celanova coa colocación de novas farolas en seis pasos de peóns estratéxicos. A actuación, que supuxo un investimento de 20.000 euros, busca “incrementar a seguridade viaria, a visibilidade e a mobilidade da poboación en zonas de cruce moi transitadas”, segundo explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos.
As novas luminarias son tecnoloxía LED e foron instaladas en ambos sentidos da circulación nos puntos que corresponden aos números 1, 52, 60, 80, 93 e 116 da avenida. Esta medida pretende garantir unha mellor iluminación para os peóns e, así, facilitar un tránsito máis seguro para os veciños e veciñas que atravesan a zona.