O Concello de Barbadás organiza unha xornada formativa sobre o novo sistema estatal de xestión de facturación

OurenseXa
Será o xoves 27 de novembro e está aberta a toda a veciñanza interesada en participar
trabajo_internet_ordenador_recurso
15 Nov 2025

A Concellería de Promoción Económica do Concello de Barbadás programou unha xornada formativa para o xoves 27 de novembro, ás 20:00 horas, no CET Barbadás, destinada a explicar o funcionamento de Verifactu, o novo sistema estatal que revolucionará a xestión de facturación para empresas e autónomos.

Durante a sesión, persoal especializado presentará de forma sinxela e accesible que é Verifactu, os cambios e obrigas que introduce, como afectará ao día a día dos negocios e os pasos necesarios para adaptarse a esta nova normativa. Ademais, ofrecerase un espazo para resolver dúbidas dos asistentes.

⚙ Configurar cookies
0.076843023300171