O Concello de Coles dá inicio esta fin de semana ao seu Programa de Nadal no Auditorio

O Concello de Coles comeza esta fin de semana a súa programación especial de Nadal no Auditorio municipal, cunha serie de actividades pensadas para públicos de todas as idades.
O sábado terá lugar o tradicional Concerto de Nadal da Escola de Música, no que o alumnado amosará o traballo e os progresos realizados ao longo do ano. A cita será ás 17:30 horas.
O domingo estará especialmente dedicado aos máis pequenos. Pola mañá, ás 12:00 horas, Papá Noel visitará o Auditorio, onde os nenos e nenas poderán entregarlle as súas cartas persoalmente. A xornada continuará cun contacontos titulado Un señor de Nadal.
Xa pola tarde, a programación pecharase cunha sesión musical a cargo das corais “Encantiño” e “Os Trinos”, que ofrecerán os seus concertos ás 19:00 horas.