O Concello de Coles entregou os premios do I Concurso de Iluminación e Decoración de Nadal

O Concello de Coles fixo entrega este domingo dos premios do I Concurso de Iluminación e Decoración de Nadal, unha iniciativa que buscou poñer en valor o ambiente festivo nos diferentes lugares do municipio e recoñecer o esforzo veciñal á hora de engalanar casas e espazos compartidos, dinamizando o Nadal no rural.
Na categoría B (Espazos Comúns), o 1º premio foi para o Pobo de Sobrado, mentres que o 2º premio recaeu nos veciños do Camiño do Pilo (Quintás-A Barra) e o 3º premio foi para os veciños de Belesar.
Pola súa banda, na categoría A (Vivendas Particulares), o 1º premio correspondeu a Gustei, o 2º premio a Quintás-A Barra e o 3º premio a Vilarraz.
Dende o Concello agradeceron a participación das persoas e colectivos que contribuíron a crear unha imaxe máis acolledora e atractiva dos lugares durante estas datas.