O Concello de Coles organiza este martes un taller de nutrición

Este martes, 26 de marzo, ás 18.00 horas, terá lugar a derradeira actividade do ciclo de xornadas organizadas polo Concello de Coles co gallo do Día Muller, celebrado o pasado 8 de marzo.
Trátase dun taller de nutrición que terá lugar no salón de plenos do Concello, que pon o peche final ás conmemoracións no mes da Muller neste Concello.
As xornadas comezaron o pasado 8 de marzo coa inauguración da exposición fotográfica "Inmarcesibles" e extendéronse ao longo de todo o mes, onde se realizaron distintas actividades e talleres enfocadas á concienciar sobre a igualdade.