O Concello de Esgos organiza un obradoiro para festexar as Letras Galegas

OurenseXa
A cita terá lugar este xoves, 16 de maio, na Biblioteca Municipal e está dirixida tanto á mocidade como aos adultos
Biblioteca Municipal de Esgos
16 Maio 2024

O Concello de Esgos organiza un obradoiro creativo con motivo do Día das Letras Galegas, que se celebra este venres, 17 de maio, e que este ano está adicado á escritora Luisa Villalta.

Baixo o título "Unha viaxe creativa polas estacións do ano", a cita, que terá lugar este mesmo xoves ás 18.30 horas ha Biblioteca Municipal de Esgos, será impartida pola academia As Curuxas da aula das ciencias de Allariz e enmárcase dentro do programa de animación á lectura "Ler Conta Moito".

O obxectivo deste obradoiro, dirixido tanto á mocidade como aos adultos, é aprender a facer unha folla con fíos de macramé e un testo para plantas con materiais de refugallo.

0.10273599624634