O Concello de Gomesende beneficiouse dunha achega de 42.000 do Plan Camiña Rural 2025-2026

OurenseXa
A achega busca mellorar camiños de acceso a parcelas agrícolas
gomesende-camiños-rurais-visita-manuel-pardo
Manuel Pardo nunha visita ao Concello de Gomesende
19 Jul 2025

O Concello de Gomesende recibiu preto 42.000 euros para este Concello das axudas do Plan Camiña Rural 2025-2026. Esta achega, cuxa resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado día 2 de xullo, persegue mellorar camiños de acceso a parcelas agrícolas co gallo de xerar cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e de traballo no medio rural. Así, os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio, reforzan o tecido social e contribúen a mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, dinamizan o tecido produtivo e fixan poboación.

Estas axudas financian nun 100 % os gastos subvencionables. Deste xeito, nas actuacións subvencionables inclúense a ampliación de camiños para mellorar a seguridade viaria, o reforzo do firme existente, a adecuación de pasos fluviais e o mantemento das marxes. Estas melloras, recalcou Manuel Pardo, resultan fundamentais para facilitar a accesibilidade no medio rural, vertebrar o territorio e contribuír á fixación de poboación, reforzando así as condicións de vida e traballo nestas zonas.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, que se achegou ao concello de Gomesende este venres, puxo tamén en valor que estas achegas, convocadas pola Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, destina preto de 4,3 millóns de euros en 88 concellos da provincia de Ourense. Neste sentido detallou que serán 167 actuacións cunha lonxitude de vías a mellorar de 135,23 quilómetros.

Manuel Pardo fixo fincapé que desde o ano 2016, a Xunta de Galicia leva investidos máis de 167 millóns de euros neste tipo de actuacións, o que permitiu actuar en 6.042 camiños municipais, cunha lonxitude total de 4.744 quilómetros mellorados. O Plan Camiña Rural, anteriormente coñecido como Plan Marco, convócase de forma ininterrompida desde 2013 e consolidouse como unha ferramenta esencial para o desenvolvemento sostible do rural galego.

Tamén subliñou que, respecto á convocatoria anterior, este novo plan supón un incremento tanto no número de intervencións como na lonxitude de vías melloradas, pasando de 583 a 626 actuacións, e de 460 a preto de 513 quilómetros.

⚙ Configurar cookies
0.47192192077637