O Concello de Maceda ofrece un ano máis transporte e comida para as persoas que queiran vestirse de Felo

OurenseXa
As pulseiras inclúen transporte e comida para o sábado 14 e o domingo 15 de febreiro e poden adquirirse até o vindeiro día 11
felos-entroido-maceda
5 Feb 2026

Desde o 30 de xaneiro e ata o próximo mércores 11 de febreiro están á venda as pulseiras para todas as persoas que queiran vestirse de Felo e participar no percorrido previsto para o sábado 14 e domingo 15 de febreiro durante o Entroido de Maceda.

O prezo da pulseira é de 16 euros, o que inclúe o acceso ao servizo de transporte en autobús e a comida no Restaurante A Diligencia de Maceda. Só poderán subir ao autobús os Felos e fotógrafos que estean previamente acreditados. Os menores de 12 anos poderán ir acompañados por un adulto durante a comida, pero só se permitirá un acompañante por menor, que deberá adquirir tamén a pulseira para poder acceder ao comedor.

As pulseiras pódense adquirir no Concello de Maceda, en A Chuche Mecánica e no Lar dos Felos en Tioira. A saída do autobús será ás 9:00 horas ambos días desde a Praza das Toldas de Maceda. Haberá pulseiras para cada un dos días, sábado e domingo, que permiten acceder tanto ao autobús como á comida. Ademais, existe unha pulseira dourada gratuíta que dá acceso só ao transporte, sen incluír a comida.

⚙ Configurar cookies
0.080643177032471