O Concello de Maceda organiza unha xornada micolóxica aberta a toda a veciñanza

O próximo 30 de novembro, o Concello de Maceda celebrará unha xornada micolóxica no salón de actos do Concello. As inscricións xa están abertas e pódense realizar mediante a compra de entradas nas oficinas municipais. O custo é de 10 euros, mentres que os menores de 10 anos poderán participar de forma gratuíta.
A actividade comezará ás 9:30 cunha charla informativa, seguida ás 9:45 dunha saída desde o Concello cara ao monte para a recollida de cogomelos. Ás 12:30 realizarase unha exposición e clasificación dos exemplares recollidos, e a partir das 13:00, na nave do Toural, levarase a cabo unha elaboración e degustación en vivo, xunto cunha pancetada a cargo dos Taberneiros do Pobo.
Recoméndase aos participantes levar calzado adecuado e cesta para a recollida. Debido á limitación de prazas, aconséllase inscribirse con antelación.