O Concello de Nogueira de Ramuín ten aberto ata este venres o prazo para anotarse no Campamento Dixital de Nadal

A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 18 anos e celebrarase os días 22 e 23 de decembro
campamento-dixital-nogueira
17 Dec 2025

O Concello de Nogueira de Ramuín, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense e dentro do programa Reto Rural Dixital, organiza un campamento navideño dixital destinado a nenos e mozos do municipio.

A actividade, pensada para participantes entre 6 e 18 anos, terá lugar os días 22 e 23 de decembro na Casa do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, con posibilidade de adaptar o horario segundo as necesidades.

As inscricións estarán abertas ata este venres, 19 de decembro, e poden realizarse chamando ao 988 201 023.

⚙ Configurar cookies
0.081587791442871