O Concello de Ourense abre hoxe o prazo para reservar as entradas para o espectáculo de Papá Noel no Audiorio

Concello de Ourense pon á venda as entradas para o espectáculo de Papá Noel que terá lugar o día 23 de decembro no Auditorio, dentro da programación de actividades do Nadal 2024.
Serán 3 sesións, ás 17.00 horas, ás 18.15 horas e ás 19.30 horas e as entradas, a un prezo de 5 euros, e poderanse adquirir desde hoxe, xoves, 5 de decembro ás 12.00 horas en www.ataquilla,com
Tamén hoxe á mesma hora sairán á venda as entradas para outra das citas da programación de Nadal na cidade, o espectáculo Perseidas, da compañía de Pablo Méndez. A actuación do coñecido como “O Circo do Sol galego” será o domingo, 29 de decembro ás 19.00 horas no Auditorio, con entradas desde 10 euros.