O Concello de Ourense anuncia novos cambios de horario nos autobuses

O Concello de Ourense anunciou que desde o próximo luns 7 de xullo se axustarán os horarios da liña número 7 do servizo de autobuses urbanos, que conecta Covadonga coa Valenzá, para garantir, di o alcalde, unha “puntualidade británica” nos seus itinerarios.
Gonzalo Pérez Jácome, explicou que o obxectivo é que os horarios sexan “reais” e que as persoas usuarias teñan garantida a puntualidade dos servizos. Segundo o rexedor, os horarios actuais “non se cumprían porque estaban mal dimensionados”, polo que é necesario axustalos á realidade para evitar que os autobuses cheguen sempre tarde.
Este axuste da liña 7 súmase aos cambios realizados dende hoxe, 30 de xuño, nas liñas 1 (Seixalbo - Quintela / Seixalbo – Santa Cruz), 3 (Rairo – Quintela) e 33 (Quintela – O Cumial), así como aos axustes previos nas liñas 5 e 6.