O Concello de Ourense comeza este martes unha actividade sobre ciberseguridade

OurenseXa
A experiencia PassVRord pretende informar ao público de cales son as principais ameazas dixitais na vida cotiá e como protexerse delas
incibe actividad de ciberseguridad ourense
A nave onde se impartirá o curso
16 Jul 2024

O Concello de Ourense e o Instituto Nacional de Ciberseguridade, Incibe, fomentarán a ciberseguridade dun xeito lúdico cunha actividade que se desenvolverá a semana próxima, desde o martes 16 ata o xoves 20 de xullo, no Parque do Barbaña.

A Experiencia PassVRord ofrecerá ao público ourensán a posibilidade de participar nunha actividade inmersiva a través de xogos nos que, utilizando lentes de realidade virtual, aprenderán cales son as principais ameazas dixitais cotiás e recomendacións sobre como protexerse en liña e utilizar a internet de maneira responsable.

Esta actividade, que é gratuíta, terá un horario tanto de mañá como de tarde, de 9.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.00 horas. O acceso é libre para o público en xeral coa posibilidade de realizar visitas de grupo.

0.16416597366333