O Concello de Ourense destinará unha axuda de 50.000 euros á Asociación Down Ourense para a adquisición dun novo local
O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, e a a concelleira de Asuntos Sociais, Ana González, recibiron esta mañá a Xunta directiva da Asociación Down Ourense para mostrarlles o seu apoio na adquisición do novo local.
O Concello de Ourense dará unha subvención nominativa de 50.000 € que, xunto coa colaboración doutras administracións, permitirá levar adiante o proxecto.
Este novo espazo, situado na rúa Río Camba núm 6, de 700 m² -cuadriplica o que teñen na actualidade-, dará resposta ás 92 familias atendidas hoxe e ás que teñen en lista de agarda.
Desde a Asociación Down Ourense atenden as persoas usuarias desde o nacemento até a súa etapa adulta, dando unha reposta inclusiva e facilitando e mediando para que participen en recursos comunitarios.
No novo local, daranse programas de atención de logopedia, reforzo educativo e de formación laboral; contará tamén cunha cociña para traballar as mínimas habilidades de autonomía doméstica, moi necesaria para facilitar e favorecer a súa autonomía nos seus domicilios.