O Concello de Ourense fomenta a seguridade viaria dos más cativos

OurenseXa
O Concello desenvolveu actividade "Alavín Alaván, o Tranvía da Educación viaria" nos centros educativos da cidade
EducacionViaria_Concello_Ourense
Campaña
8 Mar 2024

A Concellería de Educación do Concello de Ourense desenvolveu durante os meses de febreiro e marzo a actividade Alavín Alaván, o Tranvía da Educación viaria, nos centros educativos da cidade.  A actividade estaba dirixida a escolares de 5º e  6º de Educación Infantil, e chegou a un total de 1.332 nenos e nenas, ao longo de 30 sesións.

A proposta educativa recupera para a rapazada a imaxe dos tranvías como medio de transporte e os introduce nun roteiro de Educación Viaria para que adquiran bos hábitos como viandantes. Os nenos e as nenas que superaron as probas deste xogo recibiron os seus carnés Alavín Alaván.

O CPR San José acolleu a derradeira das sesións, á que asistiu a concelleira de Educación, Tamara Silva

0.14249300956726