O Concello de Ourense inicia este luns os traballos de mellora da accesibilidade na rúa Díaz de la Banda

O Concello de Ourense iniciará este luns, 25 de agosto, os traballos de mellora da accesibilidade na rúa Díaz de la Banda, que permanecerá pechada ao tráfico durante a duración das obras.
O corte afectará ao tramo comprendido entre a rotonda da Policía Nacional e a intersección coa rúa Ribeira Sacra. As persoas residentes na zona poderán acceder ás súas vivendas a través da rúa Ribeira Sacra.
O obxectivo principal das obras é mellorar a accesibilidade dos pasos de peóns e acondicionar o pavimento para garantir maior seguridade e comodidade aos peatóns.