O Concello de Ourense ofrecerá preto de trinta cursos para adultos nos centros cívicos da cidade

OurenseXa
Os cursos deste ano incluirán actividades como teatro, ioga, ioguilates, pilates, danza, ximnasia, mantemento, competencias dixitais ou fitness, entre outras
Concello-Ourense-recurso
Concello de Ourense
30 Nov -1

O Concello de Ourense ofrecerá este ano un total de vinte e oito cursos e actividades para adultos, que se levarán a cabo nos centros cívicos da cidade. 

Os cursos deste ano incluirán actividades como teatro, ioga, ioguilates, pilates, danza, ximnasia, mantemento, competencias dixitais ou fitness, entre outras. Todas elas repartiranse en distintos horarios, de luns a venres, entre os centros cívicos da Ponte, Seixalbo, As Termas, A Cuña e Colón.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto desde o vindeiro luns, 21 de outubro, ata o 27 de outubro, a través da páxina web do Concello de Ourense. 

Para poder formalizar a matrícula é imprescindible estar empadroado no concello de Ourense e ter os 18 anos cumpridos. Poderán solicitarse un máximo de tres actividades por persoa e só estará permitido facer unha solicitude. 

 

 

0.19384384155273