O Concello de Pereiro de Aguiar acolle unha xornada sobre alimentación saudable

O Concello de Pereiro de Aguiar, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza unha actividade dentro do Programa de Promoción de Saúde centrada na alimentación equilibrada.
A xornada, titulada “Alimentación Saudable”, incluirá unha sesión teórica sobre o Prato de Harvard e o planificador de comidas, co obxectivo de achegar conceptos básicos de nutrición e hábitos saudables á poboación. Ademais, haberá unha sesión práctica centrada na alimentación equilibrada en tempos de friameira, abordando tamén mitos comúns sobre a dieta.
A actividade terá lugar este luns 16 de marzo ás 16:00 horas no Auditorio Os Gozos e busca a promoción da saúde e o benestar entre a veciñanza.